Monday 16 de September de 2024

Corte de auga en Carreira por mor das obras da rúa da Capela


Con motivo das obras de reforzo e mellora na rede xeral de abastecemento que o Concello de Ribeira está a executar na parroquia de Carreira, incluídas dentro da obra de pavimentación, abastecemento e pluviais na rúa da Capela, a subministración de auga potable verase interrompida temporalmente. O corte farase pola noite e na fin de semana para minimizar a afección na poboación e nas industrias e producirase na madrugada do venres día 12 ao sábado día 13 de xullo, entre as 0:00 e as 10:00 horas a.m. Isto afectará á parroquia de Aguiño (incluída a zona industrial de Couso) e algunha zona de Carreira (A Capela, A Graña, etc).